martes, 22 de diciembre de 2009

Compostela 0 - 2 Sestao

O Compos non levanta cabeza... velaí o resumo do último partido do 2009 en San Lázaro. Os de Fabiano perderon por 0-2, cun equipo pragado de baixas, e Localia estivo alí para contalo. A reportaxe emitiuse en Xogo Aberto o luns 21 de decembro.
Felices festas a tod@as!!!

miércoles, 16 de diciembre de 2009

Lobelle 6 - 2 Azkar

O Xacobeo Lobelle levouse o primeiro derbi galego da temporada. Gañoulle ó Azkar, en Sar, por 6 a 2, pero o partido estivo máis igualado do que pode parecer. Esta foi a crónica que preparamos para o Xogo Aberto do 14 de decembro en Localia Santiago.

martes, 15 de diciembre de 2009

Xacobeo Blu:Sens 78 - 68 Real Madrid



O Obradoiro deixou coa boca aberta a toda a afección do baloncesto. Venceu ó Real Madrid e Loaclia Santiago estivo presente para contalo. Esta foi a crónica que se emitiu no programa Xogo Aberto o pasado luns 14 de decembro.

jueves, 3 de diciembre de 2009

Xacobeo Blu:Sens 73 - 79 Power Electronics Valencia



Aí tedes a crónica do partido entre o Xacobeo Blu:Sens Obradoiro e o Power Electronics Valencia, que se emitiu o luns 30 de novembro no programa Xogo Aberto, de Localia Santiago.

martes, 17 de noviembre de 2009

Xacobeo Blu:Sens 83 - 66 Unicaja Málaga



O Obradoiro sumou a súa terceira vitoria... e Localia Santiago estivo no Multiúsos do Sar para contalo. Velaí a crónica do partido Xacobeo Blu:Sens - Unicaja, que se saldou cun triunfo por 83-66 para o equipo de Santiago.
Emitiuse en Xogo Aberto o luns, 16 de novembro de 2009.

jueves, 12 de noviembre de 2009

Racing 1 -2 Compostela e Compos 2 - 5 Zamora

Tardamos en subilos, pero xa están aquí. Son os resumes dos dous últimos partidos da S.D. Compostela. A primeira vitoria (por fin!!!), por 1-2 en Ferrol... e a derrota na casa, por 2-5 ante o Zamora. Creo que paga a pena ver os vídeos aínda que sexa tarde.
Lembra que os luns, en XOGO ABERTO de Localia Santiago, analizamos cada un dos partidos do Compos e dos demais equipos de Santiago.



miércoles, 4 de noviembre de 2009

Xacobeo Blu:Sens 86 - 66 Fuenlabrada



Tedes que disculparnos por estas dúas semanas que estivemos sen actualizar o blog... pero xa estamos de volta coa crónica do primeiro triúnfo do Obradoiro na ACB, que se emitiu en Xogo Aberto, de Localia Santiago, o luns 2 de novembro.